Roliños de bonito de Burela

Por Cociñeira1, Mon 02 October 2023, na categoría Cociña

albóndigas, bonito, burela, receita, tomate
en

Roliños de bonito de Burela

Semellantes ás albóndigas.

foto do dos roliños servidos con patacas cocidas

ingredientes

preparación

Caramelizamos nunha tixola os dous dentes de allo e máis a cebola.

Mentras, picamos ben miudiño —co coitelo, non a máquina— o bonito para un cunco.

Incorporamos ao cunco a cebola caramelizada, o xamón e o touciño picados tamén moi pequeniños, a miga de pan mollada en leite e o ovo batido. Misturamos todo ben e ímoslle engadindo pan raiado para acadar a textura axeitada, para que colla o punto de espesura.

Facemos rolos, cilíndros, un pouco alongados e non demasiado grandes (6 ou 8 cm). Pasámolos por fariña e dourámolos na tixola con aceite (que non floten).

Nunha pota ampla temos a salsa de tomate, engadímoslle o rolos e deixámolos facerse a lume moi lento durante uns 15 minutos.

Acompañar con arroz en branco ou patacas cocidas.