Fungallas - Receita tradicional
Esta receita é un exemplo de pragmatismo e optimización dos (escasos) recursos cos que de cotío se atopaban en moitas casas galegas.
Tiñas broa probablemente dura de varios días, e con sorte unha tira de touciño. E nada máis!
O resultado era unha comida potente, de alto valor enerxético e saciante.
- Cortamos o touciño ou panceta en anaquiños pequenos e ímolos facendo nunha tixola a lume vivo para que solten a graxa que precisaremos despóis.

- Collemos un anaco de broa e quitámoslle a berza da base, se a ten, ou o papel

- Esperamos a que o touciño colla cor e solte a graxa

- Esfariñamos a broa enrriba do touciño, sen baixar o lume.

- Remexemos enérxicamente para ir mesturando e que non se pegue a tixola

- Se vemos que a mistura é moi seca engadímoslle un pouco de aceita de oliva virxe extra

- Non debe quedar enchoupado, pero tampouco seco.

- A comer!
