Por Cociñeira1, Mar 24 Novembro 2015, na categoría Cultivaecome
Os días xa son moi curtos e o frío e a choiva cada vez arrímanse máis. Así que un bo cocido axuda a espantar a friaxe.
Con pan e viño, faise o camiño
O pesuño do porco estaba boísmo :D O tamaño da ración é xeneroso nesta pousada.
Na foto de arriba vese o anaco de broa (pan de millo), en esta ocasión con uvas pasas.
Broa (pan de millo)
Nótense as pasas. Nótese tamén a berza na base. Nótese a cor por estar ben cocida e cómo escachou a codia.
Para rematar, dicir que recollemos os kiwis antes de que chovese moito (ver entradas antigas da bitácora) e foi un bo ano. Pillamos máis kiwis que patacas :P Moitos aínda están un pouco duros para comer, pero según van madurando iremos comendo e durannos moitas semanas.