Por Cociñeira1, Mar 12 Xullo 2022, na categoría Cociña
Nun artigo anterior puxen a foto da nosa planta de ruibarbo e un exemplo da marmelada que fixen.
Nesta ocasión fixen a marmelada cunha variación na receita
poño as cantidades/proporcións tal como as vin por internet, pero eu botei todo a ollo, sobre todo o azucre (moito menos do indicado) pois gústame o matiz ácido que ten con menos azucre.
lavamos ben os talos do ruibarbo, desbotando as follas, e quitámoslle as fibras (como coas acelgas).
Collemos unha ola onde botamos os talos de ruibarbo cortados en dados pequenos e engadímoslle a auga, as framboesas (ou outras froitas), o zume de limón (ou laranxa) e o azucre ao gusto.
ingredientes macerando
remexemos un pouco e deixamos macerar a durante unhas 6 horas.
Levamos a pota ao lume ata que comeza a ferver, baixamos a lume suave e entón hai que ter ansia de ir remexendo con frecuencia para que non se pegue. Cociñar ata que estén ben cocidos e desfeitos os ingredientes e teña o punto de espesor desexado a marmelada.
Retiramos do lume e, de forma optativa, pasamos a marmelada por un chino, para desfacer grumos e retirar posibles restos.
Deixar enfriar uns minutos e meter no frigorífico
marmelada xa lista para consumir, as framboesas déronlle unha cor moi bonita (e gusto).
Bo proveito!! 😛