Por Cociñeira1, Lun 11 Xullo 2022, na categoría Cociña
Source (eng): https://www.instructables.com/Ratatouille-Confit-Byaldi-From-the-Ratatouille-Mov
Adaptada e traducida.
Licenza: CC BY-NC-SA do orixinal e da tradución.
Nota: intentar que tomates, cabaciños e berenxenas teñan un diámetro semellante.
Cortar a cebola e os allos en anaquiños pequenos. Tamén podes ir preparando o forno, quentándoo a uns 190ºC.
Fas a salsa de tomate poñendo na tixola o aceite de oliva e cando esté quente engádeslle a cebola e os allos cortados, pochando uns minutos ata que douren.
Engádelle a salsa de tomate, a alfábega, sal e pementa. Facer que ferva e e remexe de xeito constante. Retira do lume e deixa que arrefríe.
Corta en lonchas finas o cabaciño, berenxena e tomates. Corta tamén o pemento, que podes cortar á metade antes de facer as lonchas (quedan semilúas).
Pon nunha bandexa do forno cerámica (ou de ferro) duns 30cm. de diámetro a salsa de tomate. Repártea ben.
Neste punto vai colocando os vexetais en lonchas na bandexa de xeito que formen círculos concéntricos, alternando os diferentes ingredientes.
As lonchas deberían quedar parcialmente sumerxidas na salsa de tomate. Comeza no borde e vai indo cara o centro. As últimas lonchas pódense apilar no buraco do medio.
Bótalle unhas graias de sal de pementa por enriba.
Cubre a bandexa con papel de aluminio e méteo no forno uns 50 minutos. Pasado o tempo, quita o papel de aluminio e vólvea a meter no forno por outros 15 minutos.
Saca a bandexa do forno e servir inmediatamente. Ratatouille sabe mellor quentiño!!