iogur natural con marmelada de arandos
Esta receita non ten máis sentido que mostrar o xeito de facer iogures caseiros que me deu un resultado máis aproximado ao meu gusto.
Para facer iogures na casa precisas unha iogureira, un electrodoméstico que consiste nun recipiente a xeito de base onde situas os envases e que mantén unha temperatura constante durante varias horas para favorecer a fermentación dos azucres do leite por parte de microorganismos.
Dependendo do número de envases que teña a túa iogureira pos leite nun xerra e engádeslle o iogur grego. Remexes ben para que o iogur quede totalmente disolto, se deixar grumos.
Repartes a mistura resultante nos envases e polos na iogureira sen tapar os envases individuais, conectas a iogureira e péchala (poslle a tapa, ou o sistema que teña).
Habitualmente, dependendo de onde mires, fálanche de deixar a iogureira entre 8 e 10 horas. Eu deixeina 24 horas, un día enteiro, coa intención de probar se o iogur queda máis consistente.
Após 24h., desconectei a iogureira, retirei a tapa (coidado coa condensación) e deixeinos a temperatura ambiente outras 12 horas (foi toda a noite, creo que non facía falta tanto tempo).
Neste punto é cando engades a marmelada que a ti máis che guste. Eu cambio según me apetece, e nesta ocasión boteille marmelada de arandos, unha boa cullerada.
Púxenlle a tapa a cada iogur (agora xa temos iogur) e metinos no refrixerador.
Agardei outras 24h. antes de comer o primeiro e podo dicir que a consistencia foi moito máis do meu gusto respecto a outras ocasións. Tamén pareceume máis cremoso, pero supoño que esto dependerá da cantidade de graxa que teña o leite que uses, pois un só iogur grego non creo que lle afecte tanto a preto dun litro de leite. Utilicei iogur grego porque era o que tiña na casa nese momento pero probareia repetir o proceso exactamente igual pero usando un iogur natural básico.
aquí vese a consistencia do iogur
Bo proveito!
utilicei leite fresco enteiro pasteurizado marca leyma, iogur grego enteiro sen azucre marca eroski, marmelada de arandos marca eroski.