fotografías que ilustran o paseo en grupo que fixemos na mañán do Sábado Santo en Carnota(gl,es,en)
cartel indicador no paso Porta Ventosa, punto máis alto da ruta
Aquí podes descargar o ficheiro .gpx coa ruta realizada (de carnotaetua, wikiloc).
Desde a mesma porta da Casa do Concello saímos costa arriba en dirección ao pabellón deportivo, onde atopamos un panel informativo sobre a ruta e accedemos ao camiño propiamente dito.
panel informativo da ruta ao comezo da andaina
No contexto da edición 2022 do VíndemoVer fixemos este paseo conxunto (andaina) nunha mañán luminosa e temperatura suave de primavera.
Días antes, lera este artigo nun blog para obter un pouco de contexto sobre o lugar que iamos visitar, que polo seu nome xa se pode imaxinar un quen facía ese camiño para gañar o pan.
Leiteiras no camiño a Muros. Fotografía de Ruth Matilda Anderson, 1924
Todo o camiño é accesible para realizar a pé ou en bicicleta, sen dificultade técnica en ningún caso e realizable por calquera persoa cun mínimo de hábito de andar. Prácticamente toda a subida está baixo o dosel de carballos e acacias (moitas acacias hai!) polo que incluso en días de sol e calor debe ser agradable de facer.
imaxe ilustrativa do tipo de camiño que temos desde Carnota ata o alto
Durante toda a ruta temos sinais indicadores, pero o camiño transcorre de xeito natural cara o paso entre as dúas vertentes do monte e non ten perda.
Na mesma ruta están indicados os desvíos hacia lugares sinalados do Museo Aberto, pero ao pé do mesmo atopamos xa petroglifos como este
A Laxe Escrita, petroglifo ao pé do camiño. Imaxe descargada da web do museoaberto.
vista desde o paso de Porta Ventosa, onde aparece a ría de Muros/Noia coa vila de Muros aos nosos pés
Chegados ao punto máis alto da ruta as vistas sobre a ría son fermosas, coa serra do Barbanza en fronte.
Seguindo o camiño chegariamos ata Serres(Muros), completando un camiño de 16km en total que, tendo en conta que habería que volver, excede o sentido que tiña da ruta de hoxe que era lúdica e accesible para tódolos niveis físicos.
mulleres vestidas ao xeito de principios do S.XX actuando como lavandeiras
A organización (o concello) deunos unha pequena explicación antes da saída para contextualizar a visita e tamén contribuiron vestindo a varias persoas ao xeito en que se facía no comezo do século XX. No final da ruta, xunto ao lavadoiro, as mulleres cantáronnos algunha das cancións que dalgún xeito amenizaban o traballo de lavar a roupa, igoal que no tempo da sega, ou cos animais. Como sempre, as letras das cancións son retranqueiras e con dobres sentidos 😄 , típicas do saber popular, da cultura e patrimonio inmaterial.
Na web do concello tes información e folletos para descargar e realizar visitas aos lugares do Museo Aberto e aos Roteiros sinalizados.