Por Cociñeira1, Xov 18 Xuño 2020, na categoría Cultivaecome
Sobremesa moi saborosa e refrescante.
Dificultade: baixa
Contido de enerxía: alto
Azucre e graxa: ¿qué pode fallar? :D
Montas a tona co queixo, todo xunto, e cando está a medio montar engádeslle a cantidade de azucre que desexes.
Cando xa está montado, engádeslle ao final a marmelada e mestúralo ben.
Repártelo nas copas e adórnalas ao teu gusto. Un amorodo sería o propio, pero tamén unha cereixa (na foto), unha poliña de menta, unhas farangullas de chocolate, ...
Meter no conxelador 10 minutos antes de servir, non precisa máis.