Por Cociñeira1, Wed 01 January 2020, na categoría Cultivaecome
Ver o vídeo do programa Estache bo
Para o rebozado dos mexillóns:
Abrimos os mexillóns cun vaso de sidra, reservamos os viandas e o caldo escoado resultante.
Nunha tixola friximos as patacas e reservámolas nunha tarteira para o forno.
Rustrimos a cebola, o pemento o allo e incorporamos o pemento chouriceiro, o pemento doce e o tomate frito.
Ligamos a salsa co caldo, pasamos todo polo pasador de puré e incorporamos á tarteira.
Por outra banda, rebozamos os mexillóns e xuntámolos ca pataca.
Enfornamos ata que levante o fervor e listo para comer!