Por Cociñeira2, Xov 07 Febreiro 2019, na categoría Cultivaecome
Que non falten no entroido!!
Nun bol grande poñemos os ovos enteiros e batemos un pouco e botámoslle a auga co sal, o anís e a manteiga e ímoslle engadindo a fariña co "royal" amasándo ate que sexa unha masa elástica.
Deixamos repousar unha hora ben chea nun sitio tépedo e tapada cun pano. Ainda que a masa non leveda, convenlle repousar.
Enriba do mesado collemos anacos pequenos, algo menos que unha mandarina, e estíramola ate que quede o máis fina posible.
Nunha tixola poñemos abondante aceite de xirasol e cando esté ben quente botámos a masa, dándolle forma de orella con dous garfos. Deixar que doren polos dous lados dándolle a volta e retirar.
Espolvorexamos con sucre abondante cando aínda está quente a orella.