Por Cociñeira1, Dom 24 Marzo 2019, na categoría Cultivaecome
traio unhas fotos da horta que xa vai collendo xeito.
Preme na imaxe para vela nun tamaño maior.
As ceboletas, no plano medio, están moi bonitas e o cebolo que plantamos tamén (abaixo), pero só fará uns dez días que o plantamos. Os allos, na parte superior da imaxe, tamén están moi ben.
Vense uns amorodos que trouxemos para renovar as plantas, algún tapados pola manta térmica que lla puxemos principalmente para que os paxaros non levantasen os chícharos.
A dereita arriba vense a cenorias, que tamén naceron ben.
Os chícharos (guisantes) de este eito naceron ben e non os levantaron os paxaros porque os tapamos coa rede fina.
unha foto do romeu que está todo florido, e xa as abellas traballan nel.
As árbores de froita de pedra tiveron estas semanas de bo tempo para ter unha boa floración e polinización. Este ano, se non hai froita de pedra, non será porque lle veu mal tempo nestas fechas.
un dos múltiples eitos de patacas do cedo. Puxemos en catro sitios distintos en diferentes datas e tipos de pataca para cedo. Estas naceron todas moi ben (e outras), pero algunhas non. Con esto xa se conta.
Xa comemos un par de mancheas deles.
Un rego de brócoli. Por agora está moi san e con bo aspecto.