Por Cociñeira1, Tue 23 April 2019, na categoría Cultivaecome
Este é o momento de grande actividade na horta. Nas últimas semanas estivemos plantando moitas verduras, preparando as árbores, coidando o terreo para botar o millo e as fabas, reparando o cerrado para que non veña o jabalí ou os cans estropear o traballo,...
Maceiras en flor
Abellón libando
Máis bichería traballando
Co calor e sol teñen moita facenda, coma os agricultores
Flores da cerdeira
uns regos de patacas, naceron ben
espárragos
Os xornaleiros plantando un pouco máis de cebolo. As rachas de carballo secando ao sol.
Croquis coas diferentes verduras.
As maceiras teñen moita flor, e as cerdeiras preséntanse ben (a ver si deixan algo os paxaros!!) pero o pexegueiro está ate os topes de pexeguiños pequenos (a metade caeranlle como é loxico) e probablemente este sexa ano de froito de pedra