A Colleita

Por Cociñeira1 #utiliza a clave do elemento en authors.yml, NON o "name", Sáb 11 Agosto 2018, na categoría Cultivaecome

classes: wide

imaxe de cabeceira e miniatura, ESCOLLER A QUE MELLOR VAIA AO ARTIGO. Só UNHA.

header: #imaxe a incluír na cabeceira. Móstrase a tamaño completo (coidado coa altura). DESACTIVADA POR DEFECTO.

#image: /assets/images/amasando.jpg #caption: "Crédito: Unsplash-Kari Shea" #image_description: "masa de pan" #teaser: /assets/images/amasando.jpg #imaxe para a grella na lista
navigation: true #menú superior categories: #as que correspondan - agricultora - fediverso - Xeral tags: #as que correspondan - agricultora - cebolas - xudías - kiwis - fabas - pementos - framboesa - tomates - herbas


Agosto 19, 2018

A nosa horta

En esta época do ano recollemos o froito do TRABALLO de tantos meses.

Comento, por orde, as fotografías

fotografía

Colleita de cebolas extendidas e ao sol para que acaben de secar e poder enrestralas limpas. Como se plantan en varias semanas tamén se van colleitando durante varias semanas.

fotografía

Enrestrando as cebolas

fotografía

Restras de cebolas. De este xeito pódense colgar nun lugar fresco e ventilado para a súa conservación

fotografía

Detalle dos tomates (co sulfato de cobre)

fotografía

Cribo con #fabas. Puxemos a secar as plantas coas coitelas das fabas e estas xa están limpas e secas para gardar. Consérvanse todo o ano, pero a #fabada con fabas novas está moi rica!!! Tamén lles chamamos #herbellas.

fotografía

"Collóns de fraile", expresivo nome :D para este outro tipo de #cirola, semellante a #claudia (que xa recollemos as que nos deixaron as #nespras)

fotografía

Planta do #cabaciño (#calabacín) #courguette. Non se ven ben, pero colleitámolos con uns 25/30cm de longo pois producen moito e é mellor comelos tenros

fotografía

Plantas do #pemento de #Padrón e as do #tomate. Levamos semanas comendo nestos pementos, pero os pementos #morróns tamén están en bo estado. Os tomates xa comemos algúns, pero aínda están madurando.

fotografía

Un escáncer intenta agocharse ao pe da pequena #arandeira (planta dos arandos) #blackberry. Este pequeno e inofensivo #reptil é moi común en #galicia

fotografía

Framboeseira, a planta que da a #framboesa (#raspberry). É a segunda colleita do verán.

fotografía

Planta que da o #espárrago. Está florecida despois de varios meses producindo. Así pode medrar e alimentarse. Máis tarde recortarémola e quedará baixo terra ate que na próxima primavera volte a brotar.

fotografía

romeu #rosemary Outra planta aromática (o limoeiro detrás). Rosmarinus officinalis

fotografía

Planta de #ourego #orégano. Na foto inferior xa colgamos un pouco a secar xunto cos allos e cebolas. É unha planta aromática que utilizamos principalmente para facer os #chourizos (na matanza do #porco). Origanum Vulgare.

fotografía

fatóns, unha especie de cirola moi sabrosa. Xa están madurando ben e a ver si os paxaros e as nespras non saltan neles.

fotografía

kiwis, ate outubro non se recollen, pero xa mostran bo aspecto a pesar de que non hai tanta cantidade como o ano pasado

fotografía

Aquí as restras que comentaba arriba de cebolas e #allo #garlic xa colgados

fotografía

chalotas ou #ceboletas, son pequenas cebolas moi boas para estofados e guisos

fotografía

xudías, tanto planas como redondas (as miñas preferidas) #beans

Esto só é unha mostra, o exemplo da colleita de un só día, parte de todo o que sementamos e coidamos durante tantos meses.

Podería por tamén as fotografías de

Non puxen fotografías das #cenoria, do #repolo, do #millo, da #berenxena, #patacas, das #maceira, das #fresa, as #pereira, #nabizas, #tomiño Thymus vulgaris, os tomates cherries, #acelgas, #ruibarbo, #apio, #porro, etc etc ;-)

Que se faga o traballo con ilusión non significa que non requira esforzo e constancia para limpar (a man, arrincándoas) as malas herbas, podar e limpar cando é preciso, abonar a terra, fumigar as plagas, ter ansia de ir regar cando apreta a seca (moitas veces ao amencer ou case de noite). Son horas e horas de traballo e coidados que teñen a súa recompensa non só nesta hora da colleita, se non no disfrute e satisfación que producen o seu coidado.

Ti tes horta? Comenta por aquí si che parece. Grazas ;-)