Por Cociñeira1, Dom 15 Xaneiro 2017, na categoría Cultivaecome
Unhas galletas para tomar co café.
Nun bol poñemos a nata, o azucre e o aceite e misturamos ben.
Ímoslle engadindo o Royal o sal e a fariña aos poucos ate obter unha consistencia que se poida estirar co rolo e quede cun grosor dun medio centímetro.
Poñemos o forno a quencer a 180°C
Con un corta pastas, ou vaso, imos cortando a masa. Espolvorexarlle unhas graias de azucre a cada galleta.
Poñemos na bandexa o papel do forno e imos poñendo as galletas e deixámolas facer ante que estén doradas (uns 25 minutos)
Si o forno ten aire activamosllo.
Hai que deixalas enfriar :p