Por Cociñeira2, Xov 08 Setembro 2016, na categoría Cultivaecome
Courgetti Bolognese
Receita de BBCGoodFood
1 Quenta unha cullerada de aceite de oliva virxe extra nunha pota plana, engádelle a peituga (en tacos) e dórala. Reservar a un lado unha vez feita.
2 Pica a cebola finiña e vaina facendo ben lentiña durante uns 10 minutos; engade o allo (deixando que se faga durante un minuto) e a continuación as cenorias e os champis e o pemento morrón. Cociñas todo durante uns 4 minutos ate que se fagan un pouco. Bótalle enriba a peituga que doraches antes, xunto a unha cullerada de salsa de tomate e saltea todo con lume vivo durante un minuto; engade o tomate en anaquiños e faino outro minuto.
Engade uns 250m. de auga (non te pases coa auga!), as culleradas de caldo e fai que levante fervedura. Ao ferver baixalle o lume e deixa que se faga lentamente durante unha hora (ou que reduza a auga e as verduras estén tenras).
o espiralizador e o cabaciño espiralizado
3 Cando a boloñesa está casi lista (agora podes engadirlle a salsa de soia) espiraliza os cabaciños e nunha sartén grande botas unha cullerada de aceite, botaslle uns graos de cilantro e cociñas a lume vivo ate que ablandan (2-3 minutos).
dourando as graias de cilantro
O cabaciño espiralizado
Salas os courguettes e bótaslle a salsa coa peituga enriba, o queixo raiado e unhas follas de albahaca.
O resultado final
Courguettis: a palabra ven de xuntar Courguette (cabaciño en francés) con espaguettis. Tamén se utiliza Zucchini Noodles (fideos de cabaciño, en inglés)