Por Cociñeira2, Mon 20 July 2015, na categoría Cultivaecome
É unha torta de base de masa quebrada e unha capa de crema pasteleira con froitas enrriba.
Masa quebrada
200gr fariña
100gr manteiga
25gr fariña de améndoa
1 ovo
1 chisco de sal
(masa quebrada):
Nun bol poñemos a fariña, a fariña de améndoa, a manteiga (fría) e sal e refregamos ate que quede moido como area. A continuación botámoslle o ovo un pouco batido e se precisa auga engadirlla ate que faga unha masa que non se traballa. Facer unha bola coa masa, envolvela en plástico transparente e metela no refrixerador durante unha hora.
Crema pasteleira
600ml leite
4 ovos
1 cullerada (de comer) de sucre
40gr de fariña
30gr de maicena
Froita
pexego en lonchas
framboesas
marmelo (de albaricoque)
Estiramos a masa quebrada e extendémola nun molde duns 22cm e ao forno a 180º ate que está lixeiramente dourada (40’ aprox.). Deixamos que enfríe a base e a crema pasteleira (moi importante que estén frías) e extendemos a crema sobre a base nunha capa dun grosor dun dedo (ao gusto). Dispoñemos os anaquiños o pexego todo enrredor e as framboesas.
Facemos un sirope con 2/3 culleradas de marmelo de albaricoque e 2/3 culleradas de auga. Pintamos a froita por enrriba (para que non se oxiden) e metemos a tarta no frigorífico durante dúas ou tres horas para que esté ben fría.
Rápido! que xa case non queda :D
https://3.bp.blogspot.com/--lvVfValRIU/VazP2G7OKeI/AAAAAAAAB58/1FZxeU7cSck/s320/P1020759.JPG https://2.bp.blogspot.com/-LLpSZUYSh4E/VazP2HfPI8I/AAAAAAAAB58/OWJ-NBVIVLQ/s320/P1020767.JPG