Charlota de amorodos por Larpeiros TVG

Por Cociñeira1 #utiliza a clave do elemento en authors.yml, NON o "name", Dom 07 Xullo 2019, na categoría Cultivaecome

classes: wide

header: # repostería image: ../assets/images/reposteria.jpg caption: "Crédito: Unsplash-Debby Hudson" image_description: "facendo lambonadas" teaser: ../assets/images/reposteria.jpg #imaxe para a grella na lista

segue

navigation: true #menú superior categories: #as que correspondan - cociña - Xeral tags: #as que correspondan - cociña - receita - sobremesa - amorodos - larpeiros - arandos - biscoito


Charlota de amorodos por Larpeiros TVG

Fonte: Ver programa, 11 de xuño

biscoito de améndoa

mus de amorodos

Eu só lle fixen unha capa

biscoito

(parécese a tarta de santiago)

batemos os catro ovos co azucre, raiamoslle a codia do limon e botámola xunto cunha pinguiña de canela.

untamos o molde coa manteiga e a fariña

botamos os 300gr de fariña de améndoa cos ovos e o azucre e remexemos coa culler de pau.

Amoado ao forno: 25' a uns 180ºC

Mus (mousse?)

400ml. de nata fría e montámola, botámoslle 80gr de sucre e montámola pero non totalmente (semimontada, semella unha preferencia persoal).

auga tépeda para derreter a xelatina e ablándámolas para, sacalas a un bol onde as remexemos para desfacela. Nese bol botámoslle enriba da xelatina a mermelada de amorodos, e uns amorodos cortados en anaquiños pequeniños e remexemos ben.

xuntamos a nata semimontada pouco a pouco enriba da xelatina, os amorodos en anaquiños e a mermelada e imos misturando.

Charlota

cortamoslle a cabeza aos biscoitos (para facer una base plana) e cortamos o resto dos amorodos en anacos grandes

cortamos o biscoito pola metade, para facer dúas capas

poñemos unha metade do biscoito nun molde un pouco máis grande de diámetro pero con paredes para que quede un marxen para por os biscoitos en vertical (apoiados na base plana) facendo a parede.

enchoupamos no leite os biscoitos polo lado que non ten azucre, porque esta quedará hacia fóra. E facemos a parece exterior do biscoito.

botamos a mus enriba da base e repartimos ben sen ocos, poñemos a outra metade do biscoito e botamos a outra metade da mus extendéndoa ben

poñemos os amorodos en anacos e os arandos por enriba e adornamos coa poliña de menta.

nota: vese no vídeo que é difícil de cortar (desfaise algo, por blanducha), pero se deixas un pouco máis espesa a mus e só lle pos unha capa (como a miña), ten moita máis consistencia. Bo proveito!