Por Cociñeira1, Dom 02 Decembro 2018, na categoría Cociña
Torta de abelás (Larpeiros TVG 20/11/2018), en vídeo
Aspecto da "miña" torta. Con cuberta de mazá.
para masa quebrada, base da torta.
Peneiramos a fariña nun bol e engádimos a pisca de sal e os 50gr. de azucre. Batemos un ovo e engadímoslle a vainilla miudiña. Finalmente misturamos todo no bol xunto coa manteiga e amasamos cos dedos. Unha vez rematamos é recomendable metela unha media hora no frigorífico a repousar. para crema de abelás
Ponse o leite a lume suave nun cazo cunha pola de canela (só para aroma). Trituramos ben as abelás (tostadas), raiamos o limón. Batemos os dous ovos xunto co azucre. Botamos as abelás no cazo co leite, retiramos do lume e misturamos ben deixando que enfríe un pouco. Peneiramos a fariña enriba do azucre e os ovos e misturamos ben. Engadímoslle o leite coas abelás a mezcla. Cando se bota a crema enriba non debe estar quente porque poden callar os ovos. Pelamos os pexegos (3) e cortamolos en medialúas finas. Tamén se poden utilizar pexegos de lata ou outras froitas como mazán ou pera. Poñemos o forno a 180º para que esté listo. Nun molde estiramos a masa (non é preciso untalo) e cubrimos ben o fondo e o lateral. Botámoslle a crema de abelás e cubrimos coas medialúas de pexego. Unha vez cuberto metemos ao forno aproximadamente 40 minutos. As moras (ou arandos) son de adorno unha vez está lista e fría.
Base, crema abelás e cuberta de mazá
Que aproveite!!